ADNStream.tv amosa vÃdeos da Rede ó máis puro estilo de Joost
luns, 4 de xuño do 2007
A proliferación do vÃdeo na Internet leva a moitas
empresas a procurar aproveitar estes sistemas para crear canles de televisión
en liña mediante listaxes de reprodución que se converten nun sistema de
televisión á carta. Con este espÃrito
nace ADNStream.tv, que amosa unha interface
semellante a Joost, pero que funciona dentro do noso navegador de Internet,
converténdose nun sistema de visualización de vÃdeos xerados polos usuarios que
segundo os seus responsables apostará pola calidade e mesmo apostarán
polo seu uso coma canle para a difusión de videoblogs.
Con ADNStream.tv teriamos asà unha solución coma Joost, pero que non precisarÃa
software especial para o seu funcionamento nin se sosterÃa nunha plataforma
P2P, senón que aproveitarÃa sistemas coma YouTube para o seu funcionamento como
xa facÃan servizos semellantes coma Neave.tv.