ADSLZone estrea televisión por Internet
martes, 12 de decembro do 2006
A febre polo lanzamento de canles de vÃdeo na Internet chegou agora a ADSLZone, que estreou a súa televisión en liña na que se fala de tecnoloxÃa, a televisión dixital e o ADSL, podéndose ver os clips dende a súa web ou descargar en formato Windows Media VÃdeo (tendo prevista a súa publicación en MPEG ou para iPod, PSP e móbil).
Para a elaboración destes novos contidos ADSLZone TV conta cun equipo de profesionais expertos na Internet e en medios de comunicación, que achegarán tanto novas coma reportaxes, mantendo esta iniciativa aberta a colaboracións e suxestións por parte da súa audiencia.
