AGADIC facilita a presenza das produtoras galegas en Mipcom
luns, 15 de outubro do 2018
A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
e oito produtoras audiovisuais integran a delegación
comercial de Films from Galicia na 29ª edición do mercado MIPCOM de Cannes,
a meirande feira mundial para a compra-venda de contidos audiovisuais de
entretemento que terá lugar ata o xoves, na que Galicia ten presenza cada ano
co apoio do programa de internacionalización do audiovisual galego promovido
pola ConsellerÃa de Cultura e Turismo, a través da AGADIC.
Filmes, series e programas de entretemento
para televisión conforman o núcleo da oferta galega neste encontro da man das
empresas Big Rights, Cinfo, Congo Producciones, CTV, Ficción Producciones,
Portocabo, Voz Audiovisual e Zenit TV, que se desprazan a Cannes na procura de
socios internacionais para coproducir os seus vindeiros tÃtulos e para
distribuÃr os xa finalizados, entre outros obxectivos.
É o caso dos proxectos das miniseries Tres caminos, de Ficción Producciones; El Camino, de Portocabo; O legado de Matthew Steward, de Diez
Caminos, participada por CTV; e 100 km.
El camino, de Zenit TV, que veñen de obter unha subvención para o seu
desenvolvemento como resultado da primeira fase da convocatoria de axudas da AGADIC
para a difusión dos valores culturais das rutas xacobeas a través de obras
audiovisuais de ficción de cara á celebración do Xacobeo 2021.
Ficción tamén viaxa a Cannes con outros tÃtulos en proxecto como Hijos de la ira, Reinas, a terceira temporada da serie de animación Tutu ou Una casa en Amargura, serie pola que obtivo un contrato de
desenvolvemento por parte de RTVE a raÃz da súa selección para os pitchings internacionais da primeira
edición de Conecta FICTION, celebrada o ano pasado en Santiago.
Pola súa banda, Portocabo participa no MIPCOM
con propostas en fase de preprodución, como Garbo,
Miracle Tunes, Auga Seca ou Cuñados,
estas dúas últimas con apoio da AGADIC a través da convocatoria de axudas a
producións e coproducións audiovisuais. Ademais, entre as obras xa finalizadas
que forman parte do seu catálogo, atópase Vidago
Palace, tamén subvencionada pola Xunta, e Hierro.
Big Right centrará a súa actividade no ámbito
da distribución, na procura de adquirir os dereitos para España de tv-movies,
series e documentais. No caso de Congo, as súas xuntanzas en Cannes estarán
enfocada á busca de socios internacionais para Tagdemonium, thriller social co que esta produtora especializada en
contidos publicitarios dará o salto ao mundo do cinema e da ficción.
Entre as producións e formatos do catálogo de
Zenit TV destaca, ademais da devandita serie sobre o Camiño de Santiago, o
programa de entretemento Casamos!, en
proceso de venda a diferentes canles temáticos. O seguimento da coprodución que
xa ten en marcha con Portugal mais a procura de coprodutores latinoamericanos
son outros dos obxectivos da compañÃa neste mercado.
Outra das empresas galegas desprazadas é
Cinfo, que se incorpora este ano á delegación de Films from Galicia para
ampliar o horizonte internacional do seu ámbito de actuación: a retransmisión e
realización de eventos deportivos e musicais, e a elaboración de metadatos.
Moitos dos devaditos proxectos figuran, asÃ
mesmo, na última edición do catálogo Films from Galicia, que a Axencia Galega
das Industrias Culturais está a difundir no Palacio de Festivais de Cannes,
desde o espazo dedicado ao audiovisual de Galicia dentro do pavillón
Audiovisual from Spain, promovido polo Instituto de Comercio Exterior (ICEX).
Ademais de dispoñer deste recinto para as súas
xuntanzas de traballo, moitas delas concertadas durante a celebración o pasado
mes de xuño en Santiago da segunda edición de Conecta FICTION, os
representantes das empresas galegas reciben tamén apoio económico da AGADIC
para financiar parte dos gastos de viaxe, aloxamento e inscrición no evento.
Dentro desta mesma liña de internacionalización, este
ano Galicia contou con representación nas feiras MIPTV de Cannes, asà como no
European Film Market de BerlÃn e no Festival International du Court Métrage de
Clermont-Ferrand, entre outros eventos.
