AUGAL dedica mañá a súa penúltima sesión a curtametraxes e formatos web de recente produción galega
luns, 7 de marzo do 2016
AUGAL 2015-2016, a Master Class do Audiovisual Galego,
desenvolverá mañá na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus
A Xunqueira de Pontevedra a súa penúltima cita do programa do presente curso
cunha sesión
dedicada a curtametraxes e series web producidas recentemente en Galicia.
Continúa asà a actividade da quinta edición desta iniciativa
docente que organizan a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e a
Universidade de Vigo co obxectivo de impulsar a formación complementaria no
ámbito audiovisual mediante a difusión da produción cinematográfica galega
actual da man dos seus protagonistas.
Os alumnos e alumnas inscritos en AUGAL asistirán, a partir
das 16.00 horas, á proxección e posterior comentario dunha escolla de tres
curtametraxes: Serendipia e El pasajero noctámbulo,
de Jonatan Toucedo, e Nacer en septiembre,
de Anxos Fazáns. Os dous profesionais estarán presentes para establecer o
coloquio posterior co público, do mesmo xeito que Nerea Sarmiento, guionista de
Vento ferido, a serie en liña
asinada por Miguel GrandÃo e inspirada no libro homónimo de relatos de Carlos
Casares, que foi creada como resultado da última edición do Curso de Medios
Audiovisuais de Celanova (CeMAC).
