Abanca únese ao proxecto Qivalis para crear unha stablecoin europea
mércores, 20 de maio do 2026
Abanca anunciaba hoxe que se vén de unir ao proxecto de Qivalis para lanzar unha stablecoin europea, ou sexa unha criptomoeda estable ou activo dixital deseñado para manter un valor constante.
Deste xeito o banco incorpórase ao consorcio creado recentemente e formado xa por 37 entidades financeiras procedentes de 15 paÃses da Unión Europea. Coa súa entrada, Abanca busca contribuÃr á creación dunha ferramenta financeira independente e confiable, aberta á cidadanÃa e ás empresas, desenvolvida en clave europea e co apoio dalgúns dos axentes máis importantes do sistema bancario da zona euro.
Coa definición desta futura stablecoin europea búscase dar unha resposta aos consumidores que demandan unha moeda estable ao abeiro do euro, xa que a inmensa maiorÃa do mercado toma como base o dólar estadounidense. Este recurso dixital operará baixo tecnoloxÃa blockchain e está a ser deseñado conforme ao Regulamento de Mercados de Criptoactivos (MiCA) da Unión Europea. Unha vez obtida a aprobación regulatoria e completados os desenvolvementos técnicos, a estimación é emitir a nova moeda estable na segunda metade do ano.
Con esta acción, Abanca permite ao banco formar parte da definición dun proxecto que defende a soberanÃa financeira europea, que contribúe a reforzar a moeda única na contorna dixital e que está apoiado pola credibilidade de decenas de entidades lÃderes nos seus paÃses e baixo unha estrita supervisión regulatoria.
En resumo, Abanca reafirma a súa aposta pola innovación financeira e a construción dun futuro dixital apoiado pola credibilidade colectiva dos principais bancos europeos e preservando a autonomÃa monetaria do euro.
