Abel Caballero entrega os diplomas do programa de formación en Competencias Dixitais

xoves, 11 de decembro do 2025 S. P.

As instalacións do Auditorio Municipal do Concello de Vigo acolleron na mañá deste mércores 10 de decembro o acto de entrega dos diplomas correspondentes á realización do programa de formación en Competencias Dixitais. O rexedor vigués, Abel Caballero, felicitou aos 60 participantes polo seu traballo de formación.
Os cursos foron impartidos no Centro de Formación e Emprego da Rúa Alta, e teñen como obxectivo mellorar “as competencias persoais e dixitais de maiores de 65 anos e persoas que poden ter risco de exclusión”, como explicou Caballero, afirmando que “estamos facendo capacitación dixital e eliminando a fenda dixital que hai en tantos lugares e que en Vigo trataremos de que sexa rapidamente pechada”. Cada unha das actividades formativas conta con 12 alumnos e a capacitación esténdese a un total de 70 horas.