Ábrese a convocatoria dos Proxectos de Transformación Dixital 2018-19
venres, 15 de xuño do 2018
A Fundación Vodafone España anuncia que se atopa aberta a convocatoria
pública dos Proxectos de Transformación
Dixital, co obxectivo de apoiar novas iniciativas baseadas na
innovación tecnolóxica aplicada ás persoas con discapacidade, que favorezan a
súa plena inclusión e participación na nosa sociedade.
Este proxecto forma parte de Conectados
pola Accesibilidade, unha comunidade de persoas, entidades e organizacións
que serve de punto de encontro para conseguir, a través do uso de solucións e
ferramentas TIC, ser un referente para os procesos de Transformación Dixital
nas contornas de vida das persoas con discapacidade. Actualmente, na comunidade
participan máis de 150 entidades locais e son máis de 4.095 persoas con
discapacidade e profesionais os que comparten retos e experiencias que
dignifican ás persoas con discapacidade e contribúen ao seu desenvolvemento
persoal. Conectados pola Accesibilidade
púxose en marcha pola Fundación Vodafone España co apoio de Plena Inclusión
España, Down España, Orde Hospitalaria San Juan de Deus, FEDACE, Confederación
ASPACE e Hospital Vall D’Hebrón.
Na convocatoria poderán participar todas as entidades e federacións do ámbito
da discapacidade que estean acollidas ao réxime fiscal especial previsto para
este tipo de organizacións. Os proxectos deben presentarse conxuntamente en
colaboración de dúas ou máis entidades e consistirán en poñer en práctica
distintos escenarios de uso de novas solucións tecnolóxicas, tecnoloxía xa
existente, ou que leve pequenas adaptacións. Ademais da innovación, valorarase
entre outros criterios, a escalabilidade e sustentabilidade da solución.
A convocatoria conta cun orzamento total de 225.000 euros, no que cada
candidatura pode recibir ata 15.000 euros, sendo seleccionadas ata un máximo de
15 proxectos. O prazo para presentarse
en liña finaliza o día 15 de xullo.