Ábrese a posibilidade de que Santiago e Lugo se fagan con dominios .mobi de seu
martes, 10 de xullo do 2007
O sufixo .mobi
sirve para identificar páxinas web que se poden ver dende o móbil, xa que este
dominio de primeiro nivel ten unhas normas que forza que as webs baixo o mesmo
cumpran cunha serie de requisitos que as fagan doadas de interpretar por
dispositivos móbiles, e para evitar conflitos, a empresa responsable do puntoMobi reservou 650 nomes de dominio con nomes de
cidades deixándoos a disposición dos concellos correspondentes, entre os
que están cidades españolas coma Madrid, Barcelona, Sevilla, Málaga, Granada,
Zaragoza, Lugo ou Santiago.
As
cidades que desexen facerse con estes dominio deben comprometerse a publicar
información para móbiles nun prazo de 60 días dende a concesión do nome do
dominio (así como cumprir coas especificacións técnicas da devandita web) e
presentar un plan de promoción do nome de dominio móbil (que incluiría un acto
de presentación para a prensa local, a emisión dun comunicado de prensa
conxunto entre o concello e dotMobi e un investimento mínimo de 2.000 euros en
actividades de promoción).
O día 20 de agosto abrirase o proceso de solicitude para estes dominios
reservados, no que os concellos deben argumentar o uso que farán do dominio
(con novos servizos e contidos cun enfoque local que convertan o espazo nun
lugar de interesa para achegar información tanto os cidadáns coma os turistas).
Agardamos que se sume a esta iniciativa o Concello de Lugo, pois xa tiña unha
serie de servizos
para móbiles, e ten aquí unha nova vía de promoción da cidade, pero
descoñecemos se Compostela será a cidade que se faga co dominio Santiago.mobi, posto que comparte nome
con outras cidades de sona mundial, pero de ser así podería sería moi axeitado,
xa que a
capital de Galicia xa conta cunha web adaptada a móbiles.
Concellos galegos coma Ourense e A Coruña xa teñen o seu domino .mobi, aínda que noutros casos (vigo.mobi, ferrol.mobi ou santiagodecompostela.mobi) este dominio está rexistrado por persoas alleas ó concellos correspondentes.
