Ábrese o concurso a consultoras para o proxecto de dixitalización da CRTVG

venres, 4 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

A Compañía de Radio-Televisión de Galicia abre o prazo para recibir solicitudes para a redacción, dirección, supervisión e control de dixitalización da CRTVG e as súas sociedades que se aceptarán ata o 18 de xaneiro no Rexistro do Servizo de Compras e Xestión Patrimonial da CRTVG, estando os pregos técnico e xurídico e outra documentación dispoñibles na web da Compañía.
O contrato terá unha vixencia de 2 anos e a consultoría contará cun orzamento de 174.000 euros.