Artigos desta sección
A Deputación de Lugo lanza MencIA, unha estratexia propia de IA para a provincia
A Deputación de Lugo presentou unha manchea de detalles sobre a estratexia MencIA, o proxecto propio de intelixencia artificial da Administración provincial para os vindeiros anos. MencIA, que será levada a pleno o 26 de maio para a súa aprobación definitiva, é en palabras da Deputación “unha innovación tecnolóxica para reforzar os servizos públicos e para (...)
Ler máisO Concello de Vilagarcía e o Banco de España formarán á veciñanza en finanzas en liña
A aula vilagarciá da Rede CeMiT (Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica) acollerá en xullo un innovador curso titulado Finanzas para todos. En colaboración co Banco de España, no obradoiro abordaranse cuestións como a inflación, o diagnóstico das finanzas propias, os distintos sistemas de pago ou a protección fronte aos (...)
Ler máisJosé Valiño e José Manuel García Oya recibirán o Premio Especial CPEIG-En Memoria de Hernán Vila
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vai conceder o Premio Especial CPEIG-En memoria de Hernán Vila a José Valiño Blanco, director xeral de IT, Información, Procesos e Operacións de Abanca, e a José Manuel García Oya, socio director na compañía tecnolóxica galega Plexus Tech. A dobre condecoración será entregada no marco da XVIII (...)
Ler máisO Ministerio de Sanidade e a USC impulsan a 1ª microcredencial universitaria sobre IA aplicada á saúde
O Ministerio de Sanidade e a Universidade de Santiago de Compostela, a través da cátedra USC Plexus de IA en Medicina Personalizada de Precisión (CAMELIA), impulsa a Microcredencial Universitaria en Intelixencia artificial aplicada á Saúde: fundamentos, regulación e casos de uso no Sistema Nacional de Saúde, unha iniciativa orientada a fortalecer as (...)
Ler máisO Industry Day do CITMAga mostrará os avances da firma eólica Instra grazas á IA
O CITMAga (Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia) celebra este venres 22 de maio o seu XV Foro de Interacción Matemática Industria (Industry Day), que reunirá a investigadores matemáticos e a representantes de empresas nacionais e internacionais, que amosarán como as matemáticas están a resolver problemas actuais que afectan á industria. (...)
Ler máisVitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade
Esta primavera proseguen as actividades formativas de Vitae Consultores, referente galego e estatal na transformación tecnolóxica das empresas e na adaptación das e dos profesionais aos novos xeitos (máis eficaces, eficientes, áxiles e produtivos) de traballar, comunicarse ou xestionar recursos. Precisamente a axilidade será un dos piares temáticos do Curso (...)
Ler máisUn de cada tres maiores de 75 anos xa usa Internet a diario
A operadora Adamo vén de compartir datos sobre a evolución positiva do uso das novas ferramentas tecnolóxicas entre a poboación sénior, unha franxa de idade que ten un especial protagonismo entre a súa clientela, xa que Adamo é unha operadora moi envorcada no rural (no rural de Lugo xa está preto de cubrir o 90% dos concellos coa súa rede ultrarrápida de alta (...)
Ler máisAltia impulsa o novo portal institucional da Comunidad de Madrid
A Comunidad de Madrid presentou o seu novo portal institucional, unha plataforma renovada en cuxa evolución tecnolóxica, deseño e desenvolvemento integral traballou directamente a empresa galega Altia.
Ler máisX limita o número de publicacións que poden facerse ao día sen pagar
Ao pouco de que Elon Musk tomase as rendas de Twitter foron moitos os cambios na plataforma consecuencia dos recortes a nivel de infraestrutura, como cando se chegou a limitar o número de chíos que podían lerse por día. Esta cantidade era diferente entre os usuarios de balde e os usuarios de pagamento, e aínda que esta medida se anunciaba como temporal, (...)
Ler máisCarballo aposta pola creatividade cunha nova edición de campamentos tecnolóxicos de verán
A Concellaría de Innovación de Carballo desenvolverá este verán unha ampla programación de campamentos tecnolóxicos na Aula CeMIT local, unha iniciativa enmarcada nos obxectivos do proxecto Talento km 0 (TALK0) e deseñada para que a rapazada de entre 7 e 14 anos desenvolva as súas competencias dixitais “dun xeito lúdico e práctico”, informou o (...)
Ler máis0 | ... | 110 | 120 | 130 | 140 | 150 | 160 | 170 | 180 | 190 | ... | 40960
