Artigos desta sección
A Comisión Europea multa a Temu con 200 millóns de euros por incumprir a Lei de Servizos Dixitais
A Comisión Europea anunciou unha sanción de 200 millóns de euros contra Temu por incumprir a Lei de Servizos Dixitais (DSA), ao considerar que a plataforma non avaliou correctamente os riscos sistémicos asociados á venda de produtos ilegais dentro da Unión Europea.
Ler máisA rapazada iniciarase na pilotaxe de avións no campamento tecnolóxico de verán de Tecnópole
O Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole impulsa un ano máis a XIV edición do campamento tecnolóxico de verán T2W (Tecnópole Technological Workshops), que se vai desenvolver en colaboración coa Consellería de Economía e Industria. Esta iniciativa forma parte da aposta de Tecnópole pola divulgación científica de calidade entre os máis (...)
Ler máisA UVigo valida no Hospital Álvaro Cunqueiro unha tecnoloxía IA para medir a calidade do aire en tempo real
O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo converteuse no escenario de proba e validación dunha innovadora tecnoloxía desenvolvida polo Grupo de Tecnoloxía Enerxética do CINTECX, o Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo, para monitorizar a calidade do aire interior en tempo (...)
Ler máisO CPEIG premia á Gerencia de Informática da Seguridad Social pola súa plataforma de atención ao cidadán
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vai conceder o Premio Iniciativa da Administración á Gerencia de Informática da Seguridad Social (GISS) polo seu proxecto ISAC (Infraestructura de Soporte de Atención al Ciudadano), unha iniciativa clave na evolución do modelo de atención á cidadanía da Seguridad Social. O galardón será (...)
Ler máisSpotify cifra en 156 millóns de euros os ingresos xerados polos artistas españois na súa plataforma en 2025
Spotify fixo públicos os novos datos do seu informe anual Loud & Clear, centrado na economía do streaming musical, no que destaca o crecemento sostido dos ingresos xerados polos artistas españois na plataforma. Segundo as cifras correspondentes a 2025, os músicos de España xeraron máis de 156 millóns de euros en royalties só a través de Spotify, o que (...)
Ler máisA Cámara de Santiago móstranos nun curso como empregar as máis avanzadas tecnoloxías na xestión do patrimonio
A Cámara de Comercio de Santiago achega este mes de xuño un programa avanzado centrado na Innovación e a Tecnoloxía na Xestión do Patrimonio. Desenvolverase entre o xoves 4 de xuño e o xoves 18 do mesmo mes, en horario de tarde: de 16.00 a 18.30 horas. O programa vai dirixido a traballadores, coordinadores, técnicos ou emprendedores do sector das industrias (...)
Ler máisO vindeiro luns inaugurarase unha exposición sobre a historia da telefonía na provincia de Lugo
A Biblioteca Pública Provincial da Xunta en Lugo acollerá unha exposición sobre a historia da telefonía na provincia, organizada pola Asociación Sénior de Telefónica de Lugo (Astelu). O delegado territorial, Javier Arias, presentou hoxe a mostra xunto a representantes do colectivo impulsor, entre eles o seu presidente, José Luis (...)
Ler máisNew Space España reunirá en Vigo ao puxante sector espacial nacional
New Space España volverá converter Vigo en punto de encontro do sector espacial nacional. Alén Space, empresa local organizadora do evento, presentou este mércores 27 de maio na Sede Afundación Vigo a cuarta edición do congreso, que se celebrará os días 24 e 25 de setembro e reunirá a empresas, institucións, centros tecnolóxicos, universidades, startups e (...)
Ler máisMeta prepara toda unha gama de subscricións de pagamento
Naomi Gleit, responsable de produto de Meta, foi a encargada de presentar a nova ofensiva da compañía no negocio das subscricións, que inclúe o lanzamento global de plans de pagamento para Instagram, Facebook e WhatsApp, ademais de futuras modalidades centradas en intelixencia artificial, creadores de contido e (...)
Ler máisOs bonos Activa Comercio chegan acompañados por un sorteo en redes sociais
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e do director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou esta mañá en Santiago de Compostela a xoiaría Ardentia coincidindo coa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) da primeira edición de 2026 dos bonos Activa (...)
Ler máis0 | ... | 30 | 40 | 50 | 60 | 70 | 80 | 90 | 100 | 110 | ... | 40960
