Artigos desta sección
Project Solara, unha plataforma para unha nova xeración de dispositivos centrados en axentes de IA
Microsoft aproveitou a conferencia Build 2026 para presentar Project Solara, unha nova plataforma de software e hardware deseñada especificamente para unha futura xeración de dispositivos nos que os axentes de intelixencia artificial se converterán na principal forma de interacción entre persoas e (...)
Ler máisAs vellas versións vitalicias de Office para Mac restrinxen as súas funcións
Aínda que Microsoft leva anos promovendo que o modelo de subscrición para o seu paquete ofimático, coñecido actualmente como Microsoft 365, continúa a comercializar a súa versión vitalicia, sendo a última en saír á venda Office 2024 en versións doméstica e de empresa. Pero o concepto de vitalicio no software non significa que o software teñan unha licenza perpetua, (...)
Ler máisO IES Rafael Dieste prepárase para a gran festa de Aquí tamén se fala III co apoio da Secretaría da Lingua
Este 2 de xuño presentouse na Coruña a terceira edición do festival Aquí tamén se fala, enmarcado na campaña de dinamización da lingua posta en marcha pola mocidade do instituto coruñés Rafael Dieste (co apoio da Secretaría Xeral da Lingua), que, como lembraremos, foi Premio da Cultura Galega o ano pasado en recoñecemento ao seu poder para estender o uso galego (...)
Ler máisAlén Space desenvolve as cargas útiles de comunicacións marítimas do compoñente español da Constelación Atlántica
A firma galega Alén Space participa no desenvolvemento do compoñente español da Constelación Atlántica (ESCA), unha iniciativa estratéxica impulsada pola Axencia Espacial Española (AEE) e xestionada tecnicamente pola Axencia Espacial Europea (ESA). O proxecto anunciou recentemente que superou a revisión crítica de deseño (Critical Design Review, CDR), un fito (...)
Ler máisJulio Abalde entrega os carnés de ciberexpert@ a 39 alumnos e alumnas da Compañía de María de Ferrol
O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, participou este martes 2 de xuño en Ferrol no acto de entrega dos carnés de ciberexpert@s a 39 alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria do CPR Plurilingüe Arenales (Compañía de María), unha iniciativa impulsada pola Policía Nacional para promover o uso seguro, consciente e saudábel das novas tecnoloxías (...)
Ler máisA Consellería de Educación e Ciencia recibirá o Premio Impulso Dixital de Galicia do CPEIG
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vai conceder o Premio Impulso Dixital de Galicia á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia polo seu “liderado estratéxico na construción dunha Galicia más innovadora, dixital e preparada para enfrontar os retos do futuro”. Será entregado no (...)
Ler máisO CITIC da UDC participa nun proxecto europeo de IA para a detección precoz da sepsia
Noelia Sánchez Maroño, investigadora do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña, que forma parte da Rede CIGUS da Xunta, participa como investigadora no proxecto europeo THUNDER, unha iniciativa financiada no marco das accións Marie Skłodowska-Curie Staff Exchange que ten como obxectivo avanzar (...)
Ler máisA Deputación de Ourense intégrase no Espazo de Datos da Saúde DATAlife para traballar contra o deterioro cognitivo
Dende a Deputación de Ourense veñen de anunciar a súa integración no Espazo de Datos da Saúde DATAlife, liderado polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), logo de obter unha subvención da Entidade Pública Empresarial Red.es que financiará o 100 % dos gastos asociados á súa adhesión a esta iniciativa (...)
Ler máisProsegue o ciclo sobre as vantaxes das tecnoloxías miúdas da RAGC e a Deputación da Coruña
Onte, luns 1 de xuño, daba comezo o ciclo Nanotecnoloxía ao servizo da sociedade: retos e solucións do presente ao futuro, un encontro organizado pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en colaboración coa Deputación da Coruña que se estenderá até o xoves, 4 de xuño, das 17 ás 20:30 horas; evento que tamén pode seguirse en directo a través da canle de (...)
Ler máisVitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís TI
A consultora tecnolóxica galega Vitae, referente estatal na formación avanzada para profesionais das novas ferramentas, vai celebrar este verán a nova edición (a quinta) do seu curso sobre as utilidades da IA xenerativa para os departamentos de recursos humanos das empresas dos sectores tecnolóxicos e innovadores. Trátase do curso Uso da IA Xenerativa para a (...)
Ler máis