Adobe prepara unha plataforma para a creación de reprodutores de vídeo en Flash

martes, 12 de maio do 2009 Marcus Fernández

Strobe permitirá a creación de reprodutores de vídeo personalizados

Adobe presentou nun congreso en New York a framework aberta para a reprodución en vídeo en Flash chamada Strobe, que estará lista no terceiro trimestre do ano, de xeito que facilitará a creación de reprodutores de vídeo personalizados que vaian moito máis aló do que temos en YouTube. Incluso Adobe traballa cunha serie de redes de entrega de contidos que apoiarán a Strobe coma Akamai, Blip.tv, Brightcove, Nielsen e Limelight Networks, e busca «quitarlle o misterio á creación de reprodutores de vídeo» e poderá axudar á busca da capitalización dos contidos de vídeo publicados na Rede.
Sorprendentemente Strobe será de balde, co que pretenden que axude á adopción do vídeo en Flash, que xa supón o 80% dos vídeos na Rede.