Advirten de ataques masivos de phishing a Facebook e Hi5
xoves, 26 de xuño do 2008

- Exemplo de suplantación de Facebook
A empresa de
seguridade informática ESET advirte de que os ataques de phishing non están a dirixirse só a plataformas bancarias e de
poxas por Internet, senón que tamén detectaron
ataques masivos sobre as redes sociais Facebook e Hi5.
O funcionamento destes ataques é bastante habitual, recibindo o usuarios unha
mensaxe por correo electrónico simulando ser a rede social imitada para roubar
información persoal do usuario e mesmo poder suplantalo.

- Unha das webs que simula ser Hi5
Para evitar picar nestes cebos
debemos fixarnos nos dominios de Internet nos que están as páxinas
visitadas, pois aÃnda que na barra de
enderezos apareza a palabra facebook
ou hi5, non estarÃa no nome de
dominio .com, que normalmente serÃa
unha combinación de letras e números de difÃcil identificación que buscan asÃ
ser ignorados pola vÃtima.
O caso de Facebook xa é relativamente habitual, pois é unha rede moi ampla,
pero cómpre advertir no caso
de Hi5 xa que esta rede social goza de moita popularidade en
Portugal, o que tamén levou a moitos usuarios galegos a facer uso da mesma, de
aà que a ameaza de phishing sexa de
especial interese en Galicia.
