Alertan da posibilidade de desaparición dos dominios .tv por mor do cambio climático
luns, 4 de maio do 2009

- GoDaddy advirte do afundimento da illa de Tuvalu no proceso de rexistro de dominios .tv
Os dominios de
primeiro nivel de 2 carácteres serven para representar a paÃses, pero algún
destes sufixos na Internet están a utilizarse de distintos xeitos, como
demostran os .tv e os .fm, que en moitos casos acollen a
páxinas web de emisoras de televisión e radio respectivamente, pero este tipo
de práctica pode ter problemas a longo prazo, ou asà o entenden dende o
rexistrador GoDaddy, que advirte
aos seus clientes cando intentas rexistrar un dominio .tv que a illa de Tuvalu (á que pertence o dominio) está afundÃndose
polo que nun futuro poderÃa desaparecer.
Actualmente a illa á que pertence o dominio .tv está a só 5 metros sobre o
nivel do mar, e o cambio climático poderÃa levar a desaparecer coma paÃs, pois
a súa poboación poderÃa ter que emigrar. Cómpre destacar que a principal
actividade económica de Tuvalu é precisamente o rexistro de dominios .tv, e incluso pensamos que ante un
afundimento da illa ICANN poderÃa optar por manter os dominios rexistrados un
tempo prudencial, pero resulta evidente que unha empresa que queira construÃr
unha marca na Rede non deberÃa utilizar un nome de dominio que dependa dun
elemento tan incontrolable coma o nivel do mar.
