Algunhas balizas V16 xa non teñen vixente a súa certificación de fabricación
venres, 26 de decembro do 2025
A poucos dÃas da entrada en vigor da obrigatoriedade de empregar balizas V16 como dispositivo para sinalar que un vehÃculo está detido na estrada a xeito de presinalización de perigo (como se facÃa anteriormente cos triángulos), a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) engade certa confusión aos usuarios que queiran facerse cun destes dispositivos, pois aparte da listaxe de marcas e modelos certificados (que indica os produtos que contan coa pertinente homologación) inclúen agora unha listaxe con certificados con vixencia finalizada.
Temos asà que a DGT recoñece 266 modelos de balizas V16 debidamente homologadas, pero tamén destaca que hai 4 modelos que carecen de certificado vixente para a súa fabricación, sen explicar axeitadamente as consecuencias diso. Se ben deixan claro que se un condutor mercou unha destas balizas poderá empregala ata que remate a súa vida útil, non explican se tomarán algunha medida no caso de que algún fabricante continúe a producir unidades sen unha certificación vixente.
Tamén cómpre salientar que un dos fabricantes, Ledel Solutions, con 3 certificacións caducadas, conta con 32 certificacións vixentes, polo que probablemente os certificados que carecen de vigor simplemente corresponden a balizas que deixaron de fabricarse hai bastantes meses e contan con modelos que a substitúen. De feito, non fomos quen de localizar os modelos con certificados caducados á venda a través da Internet.
