Aliens e Predators enfrontaranse na PSP
martes, 14 de agosto do 2007
As conversións de videoxogos ó cine e do cine ós
videoxogos pode ser unha viaxe de ida e volta, o que demostran de sobra as
sagas de Alien e Predator, que nacendo no cine deron lugar a multitude de
videoxogos, aÃnda que non tardaron en
mesturarse nos comics e nas plataformas de xogo, polo que os enfrontamentos
entre as dúas razas alienÃxenas tiveron tanto éxito no papel e nas pequenas
pantallas que chegaron ó cine en 2004 e a finais de ano volverán a ter unha segunda entrega
da que veñen de anunciar que tamén haberá
un xogo para PSP desenvolvido por Sierra que sairá a finais de ano, a tempo para a estrea cinematográfica.
O percorrido desta saga é bastante difÃcil de facer, pois se ben as pelÃculas
das dúas sagas cinematográficas contaron con videoxogos no seu momento, non foi
ata 1994 cando apareceu o videoxogo para máquinas recreativas Alien vs Predator, mentres que paralelamente
apareceron varias miniseries de comics inspiradas en tal enfrontamento. O éxito
do xogo nos salóns recreativos levounos tamén a saltar ó PC en forma de xogos
de acción en primeira persoa en 1999 e que en 2001 chegaron ó seu clÃmax con Aliens
vs Predator 2, que permitÃa o xogo en rede e contou con moitos
seguidores. Foi desenvolvido por Sierra, empresa que agora se encargará do
desenvolvemento doutro xogo do mesmo tÃtulo, aÃnda que desta vez inspirado
nunha pelÃcula.
Os usuarios das consolas Xbox e PS2 tamén contaron coa súa razón de razas
extraterrestres con Alien vs Predator:
Extinction, xogo moi distinto dos anteriores para PC, pois pasou da acción
en primeira persoa á estratexia en tempo real, quedándonos por saber cal destas
opcións tomará o novo xogo de Sierra.