Alta taxa de ocupación entre os titulados en carreiras STEM tras rematar os estudos
venres, 2 de xaneiro do 2026
Os titulados en carreiras STEM en Galicia acadan unha taxa de ocupación superior ao 92 % nos dous primeiros anos tras rematar os estudos, dous puntos por riba da media das restantes titulacións do Sistema Universitario Galego (SIUG).
Esta taxa incrementouse en 5,6 puntos nos últimos catro anos, segundo recolle o estudo Talento dixital: estudo da traxectoria profesional dos perfÃs STEM en Galicia, elaborado polo OSIMGA, dependente da AMTEGA, e publicado onte.
O estudo confirma tamén que os titulados nas áreas STEM presentan mellores indicadores de empregabilidade ca media e unha incorporación máis rápida ao mercado laboral. O tempo medio para atopar emprego é de 4,2 meses, fronte aos 6,5 meses doutras titulacións. No caso das enxeñarÃas tecnolóxicas, este prazo redúcese ata os 2,4 meses.
Máis do 90 % dos titulados en STEM desempeñan funcións acordes ao nivel universitario no seu posto de traballo, unha porcentaxe que ascende ao 94,6 % nas enxeñarÃas tecnolóxicas. No conxunto das titulacións do SIUG, esta cifra sitúase no 83,7 %.
Estabilidade laboral
En canto á situación laboral, máis do 80 % dos contratos dos titulados en carreiras STEM son indefinidos cinco anos despois de finalizar os estudos, fronte ao 71,4 % do total de titulados do Sistema Universitario Galego. Esta proporción elévase ao 89,5 % nas titulacións tecnolóxicas e ao 88,4 % nas restantes enxeñarÃas STEM.
O informe inclúe tamén datos sobre o peso da Formación Profesional nos estudos STEM, cunhas taxas de inserción laboral superiores á media da FP (85,8 %) e cun acceso máis rápido ao primeiro emprego.
Fenda de xénero
A presenza feminina nas titulacións STEM segue a ser minoritaria, cun 35,7 % no ámbito universitario. As maiores desigualdades concéntranse nas enxeñarÃas e nas tecnoloxÃas da información. Na Formación Profesional, aÃnda que 4 de cada dez estudantes optan por esta vÃa, nas familias profesionais tecnolóxicas só o 12,6 % son mulleres.
Malia as iniciativas postas en marcha para fomentar as vocacións STEM entre as mulleres, o avance é lento, o que pon de manifesto a necesidade de reforzar as polÃticas educativas e as accións orientadas a dar visibilidade a referentes femininos.
Demanda de perfÃs dixitais no sector TIC
A pesar de que o Sistema Universitario de Galicia mantén unha proporción estable de estudantes en titulacións STEM (28,2 %), cun crecemento sostido nas áreas tecnolóxicas, e de que a Formación Profesional reforza o seu papel estratéxico, a oferta formativa non chega a cubrir completamente as necesidades do mercado, especialmente nos perfÃs dixitais e tecnolóxicos emerxentes.
O sector TIC galego continúa a súa expansión, cun aumento sostido do emprego e cunha elevada presenza de profesionais con formación STEM (68,2 %). Con todo, tres de cada catro empresas TIC aseguran ter dificultades para incorporar perfÃs cualificados, sobre todo en ámbitos como a intelixencia artificial, a ciberseguridade e a análise de datos, unha situación que obriga a intensificar a formación especializada e os programas de actualización continua.
