Amanda Congdon estréase en ABC News
xoves, 14 de decembro do 2006
A videoblogueira Amanda Congdon, que se fixera popular pola súa participación no emblemático vlog Rocketboom e que continuara a súa traxectoria co vlog Amanda Across America, deu ó salto á televisión de xeito que agora traballa para ABC News, pero publicando tamén as súas pezas de vÃdeo na Rede.
AsÃ, unha persoa anónima que participaba en distintos vlogs independentes se ve agora traballando para unha grande compañÃa multimedia respectando as súas orixes na Internet, aÃnda que este salto

- Amanda Congdon conserva o seu particular estilo en ABC News
está a ser bastante criticado, con xente que non se explica cómo ABC News apostou por Congdon ata os que non gustan do reprodutor de vÃdeo das intervencións de Amanda Congdon (pois inclúe un anuncio previo e non permite desprazamentos cara adiante ou atrás durante a reprodución). Está por ver cómo encaixan os contidos pensados para os novos medios nos medios tradicionais, pero o panorama parece interesante, e procurar casar un vlog informal e desenfadado nunha canle de novas posiblemente non sexa o máis atinado, pero pode marcar unha tendencia de futuro.
