Amazon estrea escaparate virtual
martes, 28 de outubro do 2008

- A perspectiva tridimensional permite movernos dun xeito moi agradable entre os produtos destacados da semana en distintas categorÃas
A
tenda virtual máis grande do mundo estreou un novo escaparate, Amazon Windowshop, que nos presenta
cunha perspectiva tridimensional unha escolma dos seus produtos máis
destacados divididos en categorÃas coma pelÃculas, libros, música ou
videoxogos, amosando unha imaxe identificativa dos produtos, dos que podemos
ter unha vista previa ao seleccionalos.
Esta interface é moi visual, e busca que os produtos destacados de Amazon (actualizados
semanalmente) nos entren polos ollos, incluÃndo atallos para poder realizar a
nosa compra dos mesmos. Podemos movernos neste escaparate coas teclas dos cursores do teclado do ordenador, e
cando seleccionamos un elemento podemos ver un vÃdeo promocional (no caso de
videoxogos ou pelÃculas), escoitar un fragmento (nos discos ou audiolibros) ou
simplemente ler a súa descrición co acompañamento de voz sintetizada (nos
libros).
Estamos ante un interesante experimento que poderÃa ter boa aceptación entre
certo público ocasional, aÃnda que a interface tradicional de Amazon xa
demostrou sobradamente estar moi optimizada, e se considera un exemplo a
imitar.
De Amazon Windowshop tampouco podemos evitar comentar que a presentación dos
produtos é moi semellante ao efecto que se pode conseguir no Internet Explorer
ou no Firefox ao instalar un engadido chamado CoolIris,
que presenta tridimensionalmente os nosos resultados de busca de imaxes e
vÃdeos, permitÃndonos movernos entre os mesmos.

- As pelÃculas destacadas por Amazon Windowshop veñen acompañadas polo seu trailer
