América recibirá as emisións da CRTVG da man de Telefónica
martes, 16 de xuño do 2020
Telefónica
transmitirá a América o sinal da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG),
tras gañar o concurso convocado pola Federación de Organismos de Radio e
Televisión Autonómicos (FORTA), no que se inclúe tamén a transmisión do sinal
de Euskal Telebista (ETB) a ese continente.
O contrato contempla a retransmisión ao continente americano
da canle de televisión Galicia TV América e as emisoras de radio Son Galicia
Radio e Radio Galega. Para iso,
Telefónica codifica e multiplexa o sinal
da CRTVG e envÃaa ao satélite Hispasat H30 W5 desde o teleporto que a compañÃa ten en Armuña de Tajuña (Guadalajara). O sinal recÃbese durante 24 horas, os 365 dÃas do
ano e en todo o continente americano, fóra dunha zona do nordeste do Brasil.
O contrato da FORTA
inclúe tamén a retransmisión do sinal de Euskal Telebista, que emitirá en
América a Canle Vasca de televisión e as emisoras de radio Euskadi Irratia e Radio Euskadi.