Ames acolle dúas charlas sobre o uso dos caixeiros dirixidas ás persoas maiores

mércores, 6 de marzo do 2024 S. P.

O Concello de Ames, a través das Concellarías de Promoción Económica e Benestar Social, organiza dúas xornadas informativas dirixidas ás persoas maiores nas que se lles explicará dunha forma sinxela e práctica como se usan os caixeiros das entidades bancarias.
O obxectivo é dotar ás persoas maiores da suficiente autonomía para poder realizar xestións cotiás a través de ditos caixeiros. As xornadas informativas serán o xoves, 7 de marzo, no local do Club de xubilados e pensionistas do Milladoiro (JUPEMI), e o venres 15 de marzo na Casa dos Maiores, en Bertamiráns.
Ditas sesións inclúen consellos básicos para operar e realizar xestións a través dos caixeiros para facer pagamentos, retirar diñeiro en efectivo, pagar impostos, etc. Tamén se achegarán consellos sobre seguridade e banca móbil.
O obxectivo é dotar ás persoas maiores da suficiente autonomía financeira para realizar operacións cotiás.

PUBLICIDADE