Ana Torroja e Porretas estrean cancións na SingStore

luns, 20 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Ya No Te Quiero de Ana Torroja, incorpórase coma descarga para o SingStar

Este xoves a tenda musical para o SingStar incorpora unha chea de cancións entre as que destacan uns grupos de temas esenciais para mozos (U Can’t Touch This de MC Hammer, Losing My Religion de R.E.M., High and Dry de Radiohead, She’s So Lovely de Scouting For Girls e Pumping on my stereo de Supergrass) e para mozas (Never Ever de All Saints, Respectable de Mel and Kim, Bitch de Meredith Brooks, We Are Family de Sister Sledge e Greatest Love Of All de Whitney Houston), así coma unhas cancións en holandés (Ik Tel Tot 3 e Per Spoor de Guus Meeuwis), finés (Che Guevara e Hirsipuu de Happoradio), francés (Nos Souvenirs de Quidam), italiano (Ascolta, Nel Silanzo, Oggi, Standby e Tra Pioggia E Nuvole de Lost), portugués (Dancemos No Mundo de Sérgio Godinho) e español (Ya No Te Quiero de Ana Torroja e Pongamos Que Hablo De Madrid de Porretas).
Os temas en inglés que chagarán esta semana á SingStore tamén son bastante variados: Goody Two Shoes (Adam Ant), End of Love (Anna Abreu), Life In Technicolor II (Coldplay), Everything Counts (Depeche Mode), Dr. Beat (Gloria Estefan), Fire (Kasabian), Promise(Krezip), Mambo Nº 5 (Lou Bega), You Only Tell Me You Love Me When You’re Drunk (Pet Shop Boys), Fat Bottomed Girls, I’m In Love With My Car, Somebody To Love, Tie Your Mother Down e You’re My Best Friend (Queen), I Drove All Night (Roy Orbison), Smooth Operator (Sade), Mary (The 4 Of Us), In The Morning (The Coral), Stay Positive (The Hold Steady) e Time Flies (Vaya Con Dios).
Dende Sony tamén advirten que os usuarios que mercasen anteriormente Charmless Man de Blur que borren o tema da súa consola e volvan a descargalo a partir do xoves, para contar cunha versión da canción que estea ben sincronizada.

PUBLICIDADE