Android promove o uso de Quick Share para compartir documentos sen fíos

martes, 13 de febreiro do 2024 Marcus Fernández

A transferencia de ficheiros entre dispositivos pode ser un proceso demasiado complicado e lento, e despois de que non callase en Android a solución coñecida como Nearby Share, dende Google decidiron adoptar a solución desenvolvida por Samsung, e agora promoven o uso da tecnoloxía Quick Share, que permite enviar e recibir fotografías, documentos e outros ficheiros entre dispositivos con Android e ordenadores con Windows ou ChromeOS.
Quick Share permite compartir ficheiros con poucos toques, xa que chega con escoller o ficheiros que queremos enviar, ir á opción de compartir da aplicación dende a que localizamos o ficheiro, escoller a opción Quick Share e logo escoller o dispositivo ao que queremos que se realice a transferencia. O dispositivo de destino poder elixir se acepta ou rexeita o ficheiro no caso de que sexa doutro usuarios, mentres que se pertence á mesma conta de usuario a transferencia realizarse de xeito automático.

PUBLICIDADE