Antena 3 estrea televisión á carta a través da web
luns, 20 de outubro do 2008
Dende hai máis
preto de ano e medio Antena 3 ofrece algunhas das súas series para
a súa visualización a través da Internet, e para potenciar este tipo
de contidos decidiron segregalos da súa web principal e buscarlles un espazo de
seu dedicado á televisión á carta, Antena3videos.com, que non só recolle series
de ficción, senón tamén programas completos da canle.
A
nova web comeza pisando forte pre-estrenando a 4ª tempada de El Internado, e aparte de
facilitar o acceso ás contidos de vÃdeo, tamén permite votar polos vÃdeos,
recomendalos ou compartilos a través de plataformas de redes sociais (aÃnda que
esta funcionalidade non parece estar plenamente operativa).
Antena3videos.com tamén potenciará a sindicación de contidos, que resultan moi
accesibles grazas a que se entregan en formato Flash (o que se fixo todo un
estándar grazas a servizos coma YouTube).

