Antena 3 leva as súas series de éxito ó móbil
xoves, 20 de setembro do 2007
O servizo de televisión no móbil de Vodafone incorpora unha nova canle
centrada unicamente en series de televisión de Antena 3, de xeito que durante
as 24 horas se poderán seguir as entregas de Un paso adelante, Los hombres
de Paco e Manos a la obra, mellorando
a oferta de Antena 3 no móbil, pois actualmente Vodafone
live! TV xa incluÃa as canles Lo
mejor de Antena 3, Canal Megatrix
e A3 noticias 24 horas.
A canle Series Antena 3 estará
dispoñible para os clientes de Vodafone que teñan o paquete de canles de
televisión de Vodafone live! TV ou en
pago por acceso.
Dende Antena
3 pretenden asà potenciar a súa presenza nas novas plataformas,
incrementando a súa oferta móbil, que complementa asà as súas iniciativas de
publicación de series na Internet ou en TDT.
