Anthem celebra a súa beta aberta esta fin de semana
venres, 1 de febreiro do 2019
O 22 de febreiro sairá á venda o xogo de Electronic Arts Anthem para PC, Xbox One e
PS4, pero para saber o que ofrecerá este tÃtulo de mundo aberto desenvolvido
por Bioware podemos aproveitar que durante esta fin de semana está a
desenvolverse a súa beta aberta.
Deste xeito podemos percorrer o Forte Tarsis, a cidade amurallada que será o
noso fogar en Anthem, e onde
atoparemos todo o necesario entre misión e misión e onde coñecer aos personaxes
do xogo. Comezaremos como un piloto de nivel 10 coa alabarda (exotraxe acoirazado
que confire habilidades sobrehumanas) que elixamos totalmente equipada, podendo
desbloquear outra alabarda ao acadar o nivel 12, sendo o máximo nivel posible
na beta o 15. Na Fragua poderemos personalizar as alabardas e mudas as matrices
para equipar todo tipo de armas e equipos novos que se consigan nas misións.
Tamén será posible comprar e equipar variantes estéticas.
Durante esta demo aberta poderemos lanzarnos ao mundo, completar misións e
descubrir algúns dos segredos que agocha; coñeceremos ao arcanista Matthias,
que encargarache unha expedición de tres partes para atopar unha reliquia
moldeadora con poderes misteriosos. Tamén será posible explorar, voar e nadar
no xogo libre e enfrontarse a desafÃos que irán xurdindo ao atravesar unha zona
do grande canon das fervenzas e as súas inmediacións. Incluso será posible afondar
nun dos baluartes, alxubes de nivel avanzado para os que será preciso contar
cun escuadrón completo.
Nestas primeiras aventuras poderemos comprobar como a fauna pode ser sumamente
hostil, de xeito que haberá que atopar xeitos de librarse das súas ameazas
(como atopar xeitos de extinguir as lapas de chuvias de lume que desatan unhas
feroces criaturas voadoras).
En definitiva, temos a oportunidade de iniciarnos nunha proposta de xogo en
liña moi ambicioso, contribuÃndo de paso a que os responsables deste tÃtulo
poidan preparar os servidores de cara ao seu lanzamento definitivo. A beta
aberta está dispoñible
para a súa descarga en PC, Xbox One
e PlayStation
4.
VÃdeo promocional da beta aberta de Anthem