Anuncian os 2 loitadores que recibirá quen reserve WWE 2K19
mércores, 11 de xullo do 2018
O xogo WWE 2K19 ten previsto o seu
lanzamento para o 9 de outubro (aÃnda que que a súa edición de luxo permitirá gozar
do xogo con 4 dÃas de antelación) en versións para PlayStation 4, Xbox One e PC
(a
versión para Nintendo Switch foi desbotada finalmente por 2K Games) e para
animar aos incondicionais desta saga de xogos de loita de grande éxito a mercar
o xogo con antelación ofrecen incentivos para a súa reserva, nos que tiran
proveito especialmente da nostalxia dos xogadores.
AsÃ, quen
merque anticipadamente WWE 2K19
poderá gozar do loitador Rey Mysterio, tal e como se anticipou hai un par
de semanas, e que serÃa a primeira aparición do personaxe nun xogo da WWE nos
últimos catro anos; e ao que se sumará unha loitadora, Ronda
Rousey, que estréase asà nun xogo da WWE (aÃnda que xa puidemos vela en
numerosos xogos de UFC) dun xeito moi especial: rendendo homenaxe a Roddy
Pipper ao vestir a
indumentaria que levou Rousey no seu debut en WrestleMania 34 (cunha
camiseta co alcume do loitador, Rowdy,
e faldra escocesa, en alusión á ascendencia do loitador a que moitos lembran
por ter incluso protagonizado o filme de John Carpenter Están Vivos).
Lembremos que Rey Mysterio e Ronda Rousey son personaxes incluÃdos como contido
adicional para as reservas, mentres que a estrela do xogo será AJ Styles,
loitador que figura en portada e actual posuidor do cinto de gañador da WWE.
VÃdeo promocional da presenza de Ronday Rousey no xogo WWE 2K19, no que homenaxean a Roddy Pipper
Rey Mysterio tamén ten un vÃdeo no que anuncia a súa participación no xogo