Anúnciase o lanzamento de Kunio-kun Dodgeball

mércores, 30 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

O vindeiro 19 de marzo chegará ás tendas niponas o xogo Kunio-kun Dodgeball, que permitirán xogar na Nintendo DS a unha variedade do brilé (balón prisioneiro), que non só sorprende polo deporte emulado, senón tamén porque permitirá participar a ata 8 xogadores simultáneos, aderezado con pistas de xogo con elementos interactivos e tiros especiais, que completan este título que se presenta con moito humor e uns detallados gráficos en dúas dimensións.
O xogo está a ser desenvolvido por Arc System Works e se venderá no Xapón por 3.800 iens (23,94 euros).

PUBLICIDADE