Anxo Lorenzo recibe aos responsables de Perro Verde Films
xoves, 3 de maio do 2012

- MarÃa Arochena e Manuel Cristobal amosan algúns dos premios recibidos nos últimos meses a Anxo Lorenzo
O
secretario xeral de Cultura, Anxo
Lorenzo, xuntouse hoxe con Manuel Cristóbal e MarÃa Arochena, de Perro
Verde Films, nun encontro para coñecer os proxectos actuais da produtora galega
que está a acadar numerosos recoñecementos (como 2 Goya e 5 Mestre Mateo) polo
seu último filme Engurras, que dende
onte está dispoñible en DVD (con dobraxe en español, catalán e galego) e
que no seu momento tamén destacou polo
súa rápida dispoñibilidade a través da plataforma de streaming Filmin.
Na xuntanza que tivo lugar en Compostela, Anxo Lorenzo quixo pór en valor o
audiovisual galego, que conta cunha industria moderna e consolidade, avalada
por unha ampla traxectoria de producións cinematográficas e televisivas
recoñecidas a nivel nacional e internacional.
