Anxo Quintana retoma o seu blog

venres, 11 de maio do 2007 Marcus Fernández

A finais de xullo de 2005, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, facía unha paréntese no seu blog, que agora vén de pecharse, xa que esta semana decidiu retomalo, para verter na Internet as súas sensacións e pensamentos, advertindo que non empregará o seu espazo virtual a xeito de mitin electoral.
Quintana asegura que nun primeiro momento non vía con bos ollos iso dos blogs, pero que trala súa experiencia previa admite que lle colleu o gusto a repasar na Rede o que lle acontece, nun ton máis intimista.
Nestas datas, o diario de Quin conta as súas actividade na campaña electoral municipal por toda a xeografía galega no que non dubida en comprar cunha road movie. Compaxina así a narración da actualidade con reflexións sobre a súa vida familiar ou a necesidade de achegar o debate político á sociedade.

PUBLICIDADE