AnyTV, outra aplicación para ver a televisión a través da Internet
mércores, 30 de xaneiro do 2008
Existen moitas solucións para ver a televisión
dende un ordenador conectado á Internet, sendo unha das máis empregadas Zattoo,
pero para os usuarios que queiran acceder a canles internacionais hai que
empregar outras plataformas coma AnyTV,
que permite ver máis de 2.630 canles de televisión, 4.750 canles de radio e
preto de 7.000 vÃdeos segundo os responsables desta aplicación informática (que
está moi lonxe de achegar o prometido, pero que de tódolos xeitos é unha boa
opción para poder acceder a contidos televisivos).
Como vén a ser habitual neste tipo de programas, AnyTV presenta un recadro coa
emisión televisiva a reproducir e outro coa listaxe de canles que podemos
explorar ordenados por paÃs de emisión. Para depurar esta relación de contidos
os usuarios poden puntuar as canles.
Esta ferramenta funciona dun xeito moi diferente a Zattoo, de xeito que cada
canle ten as súas propias peculiaridades (calidade de imaxe, posibilidade de
ver a pantalla completa...) e, aÃnda que resulte frustrante non pode acceder a
moitas das canles listadas na aplicación (mesmo nas españolas) incrementa
substancialmente a oferta audiovisual no noso ordenador.
