Apple TV cancela a estrea da serie Furtivo, acusada de plaxio

mércores, 26 de novembro do 2025 Marcus Fernández

A serie The Savant, protagonizada por Jessica Chastain, que tería que terse estreado hai 2 meses, figura en Apple TV como dispoñible proximamente.

O servizo de televisión de Apple leva uns anos de actividade nos que, pese ao limitado do seu catálogo (que aposta pola produción propia), está a conseguir unha reputación moi sólida, que comeza a ensombrecerse este ano, primeiro co adiamento da serie The Savant (que tería que terse estreado hai 2 meses, pero Apple decidiu metela nun caixón para evitar conflitos nos EE.UU. dado o clima sociopolítico actual), e agora coa eliminación do seu catálogo de Furtivo (The Hunt), unha serie que tiña que estrearse o 3 de decembro.
Nesta ocasión Apple non estaría a fuxir de problemas coa clase política, senón que o problema sería bastante máis grave, xa que, a falta dunha explicación oficial, estariamos ante unha resposta ás acusacións de plaxio. Ao parecer, Furtivo presenta demasiadas semellanzas coa novela Shoot de Douglas Fairbairn, adaptada ao cine en 1976 como Disparen, e detalle que dende a compañía de Cupertino non sabían ftnada, e ante a ameaza dunha demanda por plaxio, dende Apple TV preferiron apostar polo silencio, e incluso deron indicacións ao persoal involucrado na serie a non falar publicamente da mesma.
En calquera caso, tanto The Savant como Furtivo poderían chegar a Apple TV no futuro, pois a serie protagonizada por Jessica Chastain só está adiada, e o plaxio de Furtivo podería solucionarse cun acordo económico que permita que o investimento realizado na produción da serie non fose en van.

As imaxes promocionais de Furtigo desapareceron incluso da zona de prensa da páxina web de Apple a dúas semanas da data de estrea prevista