Apple deixa de vender os Mac mini con 256 GB de almacenamento
luns, 4 de maio do 2026
Hai un par de semanas comentabamos os problemas de existencias que experimentaban os equipos informáticos de sobremesa de Apple por mor da escaseza de chips de memoria a nivel mundial, provocando grandes retrasos nas entregas dos pedidos (falamos prazos de entrega de ata 10-12 semanas), e a imposibilidade de pedir moitas configuracións (entendemos que por superar a previsión de entrega as 12 semanas).
Pero a situación continúa a complicarse, e nos últimos dÃas hai unha mala nova para moitos consumidores que querÃan introducirse no mundo de Apple, xa que os equipos Mac mini con procesador M4, 16 GB de memoria unificada e 256 GB de almacenamento, que tiñan un prezo de 719 euros, pasan a estar descatalogados, quedando como a opción máis económica dispoñible o Mac mini con 512 GB de capacidade a un prezo de 849 euros, elevando a barreira de entrada no mundo da mazá.
Resulta un tanto rechamante comprobar que non é posible adquirir un Mac mini a un prezo inferior ao dun dos novos portátiles MacBook Neo (que custan 599/699 euros en función do seu almacenamento interno), que tamén están sen existencias (aÃnda que o prazo de entrega é de 2-3 semanas).
Polo momento Apple non publicou ningún comunicado dando conta deste cambio no seu catálogo, pero poderiamos estar ante unha modificación a longo prazo, polo que o futuro Mac mini con procesador M5 é probable que chegue, como mÃnimo, con 512 GB de almacenamento interno, por desgraza para quen desexe axustar ao máximo o prezo do equipo.
