Apple reduce temporalmente o prezo da substitución de baterÃas dos vellos iPhone
xoves, 28 de decembro do 2017
A crise de reputación de Apple por mor da polémica suscitada
pola súa escura
práctica de reducir a velocidade dos iPhone vellos por mor do estado da súa
baterÃa sen advertir aos consumidores, alimentando asà as teorÃas da
conspiración da obsolescencia programada
para levar aos usuarios a cambiar periodicamente os seus terminais parece que
quere atallarse antes de que se consoliden cas numerosas demandas
colectivas que están iniciando nos EE.UU., pois nun comunicado publicado
hoxe mesmo por Apple
a compañÃa descúlpase polo sucedido e anuncia medidas para reparar o seu mal
proceder.
Para comezar anuncian que a partires de finais de xaneiro e até finais de 2018
os usuarios con móbiles a partires do iPhone 6 que presenten problemas coa súa
baterÃa terán un prezo de substitución moi inferior ao habitual (pasa de 79 a
29 dólares, descoñecéndose polo momento o prezo en España, que actualmente é de
89 euros), proceso sobre o que darán detalles en breve. Adicionalmente
actualizarán iOS para os usuarios poidan ver de xeito doado o estado de saúde
da baterÃa do seu iPhone, para que asà poidan comprobar por si mesmos o seu
deterioro polo uso.
Dende Apple confirman que con iOS 10.2.1 introduciron a funcionalidade que
reduce a velocidade en móbiles iPhone 6, 6 Plus, 6s, 6s Plus e SE ao detectar
que a súa baterÃa está degradada, para asà solucionar os problemas de apagados
bruscos que estaban a detectar, e en vista de que tal solución resultaba
efectiva, en iOS 11.2 ampliaron a medida aos iPhone 7 e 7 Plus (preparándose
asà para cando eses teléfonos vaian vellos).
Tamén recoñecen que durante o outono recibiron numerosas queixas dos usuarios
que vÃan como baixo certas condicións os seus teléfonos Ãan extraordinariamente
lentos, pero dende Apple pensaron que só eran consecuencia da acumulación de
pequenos fallos nas últimas versións de iOS que foron corrixindo paulatinamente,
pero finalmente tiveron que recoñecer que os problemas os causaran eles ao
mudar o comportamento do sistema operativo ante o envellecemento das baterÃas
dos móbiles.
ACTUALIZACIÓN (29-12-2017): Apple confirma que o prezo de substitución das baterÃas degradadas dos iPhone será de 29 euros en España.