Arcane convértese nun exemplo do difÃcil que resulta definir o éxito
venres, 27 de decembro do 2024
As apostas transmedia son unha tendencia que en certos momentos poden atoparse coa incomprensión do mercado, como está a acontecer con Riot Games e a súa serie de televisión Arcane baseada no universo do videoxogos League of Legends, pois dende a prensa económica apuntan a que o grande éxito de audiencia da serie de Netflix non supuxo ingresos dabondo para a división de videoxogos.
Cómpre lembrar que estamos ante unha serie que mestura animación 3D con animación tradicional dun xeito revolucionario e esixente, que disparou o orzamento das súas dúas tempadas até os 250 millóns de dólares, converténdose na serie de animación máis cara da historia. Netflix só pagou 3 millóns de dólares por episodio, o que sumarÃa uns 54 millóns de dólares, polo que podemos entender que Riot Games foi demasiado ambiciosa con esta produción, xa que os ingresos de League of Legends (tÃtulo que goza de boa saúde pese a ter xa máis de 15 anos) non se dispararon por mor da serie de televisión.
Tamén é preciso salientar que Riot tivo que despedir ao 11% do seu cadro de persoal a primeiros de ano, e tivo que reorientar o seu negocio para centralo nos videoxogos, ou sexa, que esta grande aposta económica polo audiovisual, cun resultado moi aplaudido polo público, serÃa parte dunha estratexia que non pode desenvolverse no contorno actual no que a industria dos videoxogos está a experimentar unha crise coa volta á normalidade tras a pandemia.
En calquera caso, dende Riot Games aseguran estar satisfeitos, pois non entenderon Arcane como unha aposta a curto prazo, o que parecÃa evidente ante a falla de explotación comercial que fixeron da serie no videoxogo e noutras canles. Semella que están conformes con ter callado no público, o que pode contribuÃr realmente a manter vivo o universo de League of Legends durante máis anos, o que resulta moi complicado no actual escenario do sector dos videoxogos.