Artigos desta sección
Virgin Games quere poñer en marcha o iTunes dos videoxogos
A Virgin Games semella que non falla ambición no que se refire a meterse de cheo nas vendas de videoxogos a través Rede, manobra na que ten (ou iso di) como principal punto de referencia a Apple co seu servizo de venda de música en liña. Dito doutro xeito: Virgin Games quere ser iTunes dos xogos en liña, e o seu espazo de venda particular xa ten nome: A (...)
Ler máisBourne na consola: cada vez máis preto
Do personaxe de ficción coñecido como Bourne, aquel que se vía envolto en enleadas de espionaxe internacional e co agravante de ter menos memoria ca un peixe acabado de nacer, téñense feito varios filmes de desigual fortuna (as mellores son posiblemente as dúas que teñen a Matt Damon de protagonista). Agora, semella que están de sorte tanto os seareiros que (...)
Ler máisBarra desprazadora para axustar o monitor á vista
Se ben é certo que os internautas (sobre todo os máis adictos á rede) pasamos gran cantidade de horas frente ó computador, ben sexa na oficina, na casa ou nalgún cibercafé, tamén é certo que os médicos e especialistas advirten dos males que poden carrexar para a nosa saúde este tipo de prácticas en exceso. Por norma xeral recomendan ter o monitor á altura (...)
Ler máisPeugeot agasallará cunha Xbox 360 ós que merquen o 106 por Internet
Nos últimos anos e grazas ós videoxogos, os amantes da velocidade poden ver cubertas as súas necesidades básicas de descarga de adrenalina sen ter que recorrer a coller o coche e arriscar as súas vidas (e as dos demais) para sentirse satisfeitos. Isto non quere dicir que os que teñan vídeo consola poidan renunciar ó coche, nin moito menos, pero se é verdade que (...)
Ler máisJu Xing H800, un móbil con moita “sona”
Que se lle pode pedir a un teléfono móbil para que sexa a última novidade do mercado actual? Con cámara de fotos xa os hai, con reprodutor de MP3 tamén, con cámara de vídeo de gran calidade tamén se atopan con facilidade, con recoñecemento de voz, acceso a Internet, calculadora, espertador, axenda, convertedor de moeda e todas aquelas funcións inútiles que nunca (...)
Ler máisSony prognostica un éxito total da PS3 en España
Se lle facemos caso ó conselleiro delegado de Sony, James Armstrong, en España vai haber Play Station 3 até na sopa: a previsión é de que se vendan no seu primeiro ano de mercado unhas 600.000 consolas, concretamente a partir do 23 de marzo, que é a data sinalada para a súa dispoñibilidade. Este prognóstico de fartura, igualmente aplicable a Francia e ó Reino (...)
Ler máisCociña en miniatura para abraiar ás amizades
Non é o que parece: non se trata de fomentar que adultos feitos e dereitos volvan á nenez e se comporten como verdadeiros pailáns á hora de recibir ás visitas no fogar, convidándoas a comer bolachas de mentira e café con leite inexistente. Non: non é unha cociña de pega, é simplemente unha cociña pequena e -como non podía ser doutro xeito nestes tempos de levalo (...)
Ler máisMúsica para quitármonos un peso de enriba
Non temos nin a máis remota idea de onde os xaponeses obteñen tanta capacidade de enxeño e de inventiva; tampouco onde agochan a súa fonte de inspiración (máis cotizada hoxe en día cá mesmísima fonte da eterna xuventude), pero o caso é que o inventor deste cagadeiro, un empregado da compañía Toto (coñecida por facer “inodoros tecnolóxicos”), debe pasar tempo abondo (...)
Ler máisUn operador de videoxogos chinés, xulgado por permitir copias pirata en liña
O meirande operador de videoxogos en liña chinés, unha filial de Shanda Online Interactive, está a ser xulgado por permitir o emprego de copias pirata de seis populares xogos na súa páxina web. En concreto, o Counter Strike, o Warcraft III, o Warcraft III: Frozen Throne, o Starcraft, o Diablo 2 e o Diablo 2: Lord of destruction foron empregados para xogar en (...)
Ler máisSun Visor Theater: DVD para o parasol do coche
Os aparellos reprodutores de DVD para o coche non son perigosos de por si. En realidade, son coma os mesmos coches: perigosos ou non dependendo do uso que se lles dea e o lugar no que se coloquen. O Sun Visor Theater é neste senso tan inofensivo coma bater cun martelo nunha granada de man. Poderíamos cualificado tamén de “caso aparte”, posto que vén (...)
Ler máis0 | ... | 12910 | 12920 | 12930 | 12940 | 12950 | 12960 | 12970 | 12980 | 12990 | ... | 13080