Virgin Games quere poñer en marcha o iTunes dos videoxogos

martes, 13 de febreiro do 2007 Fernando Sarasketa

A Virgin Games semella que non falla ambición no que se refire a meterse de cheo nas vendas de videoxogos a través Rede, manobra na que ten (ou iso di) como principal punto de referencia a Apple co seu servizo de venda de música en liña. Dito doutro xeito: Virgin Games quere ser iTunes dos xogos en liña, e o seu espazo de venda particular xa ten nome: A World of My Own (AWOMO), plataforma posta en marcha man a man con Game Domain.
Trátase dun espazo de venda de produtos 3D que aínda está en fase de probas e que podería estar operativo ó longo deste mesmo ano en curso. Con este lanzamento ponse unha vez máis de manifesto que tanto a gran industria discográfica como a de videoxogos teñen en común os mesmos monstros: a piratería e os gastos de distribución. A plataforma de Virgin xa conta co respaldo de Kock Media Group, Electronic Arts, Ubisoft e Deep Silver.

PUBLICIDADE