As 3D na PS3 estarán moi limitadas

luns, 5 de abril do 2010 Marcus Fernández

Desminten que estean a traballar nunha versión 3D de Killzone 2

Dende Sony levan meses insistindo en que o vindeiro verán publicarán unha actualización para a PS3 que activará na súa consola o soporte de 3D, de xeito que os usuarios con televisores compatibles con tal tecnoloxía poderán gozar de xogos e películas estereoscópicas, o que ilustraban con distintos vídeos de presentación nas feiras tecnolóxicas que leváronos a ter que anunciar agora que en realidade non están a traballar en versións 3D dos xogos LittleBigPlanet, Wipeout HD, Killzone 2, Gran Turismo 5 e Super Stardust HD, senón que estes xogos utilizáronse só como referencia para certas demos, o que decepcionará a moitos, aínda que quizais non tanto como as declaracións de Tameem Antoniades, co-fundador de Ninja Theory, quen asegurou que esta tecnoloxía chegará dun xeito moi limitado.
O grande problema das imaxes estereoscópicas na PS3 é que a consola de videoxogos ten que xerar 60 imaxes por segundo para cada ollo, o que forzará a unha redución do nivel gráfico dos mesmos, facendo practicamente imposibles os xogos a 1.080p con esta tecnoloxía, e incluso limitando bastante as posibilidades dos títulos a 720p, de xeito que Antoiades espera que as 3D de alta definición sexan toda unha revolución que non chegará ao público ata a vindeira xeración de consolas.

PUBLICIDADE