As Pontes activa un boletín informativo dixital para informar á cidadanía da actividade do concello
venres, 30 de xullo do 2021
O
Concello
das Pontes vén de activar un novo servizo de información con
formato de boletín dixital a través do que dará conta da
información do municipio nas contas de correo electrónico da
veciñanza.
O servizo achegará un resumo das principais novas da
Ponte que permitirá á cidadanía estar ao tanto da actividade na
xestión municipal e no Consistorio.
Aquelas
persoas que queiran darse de alta deberán inscribirse a través do formulario correspondente, indicando o nome e o enderezo electrónico no que desexan recibir a información.
Lorena
Tenreiro, concelleira de Organización Interna e Medios Locais,
apunta que “con este servizo de comunicación abrimos unha nova
liña de información fluída, inmediata e directa e melloramos as
canles de participación e transparencia das que dispón o Concello”.
Segundo engadiu, “buscamos reforzar as vías de comunicación coa
cidadanía incorporando de xeito progresivo as novas tecnoloxías”.
Esta
nova vía de comunicación súmase ao sistema de avisos vía
Whatsapp, que desde a súa posta en marcha no mes de xuño, suma
preto de 700 subscritores/as.
A
newsletter complementa o servizo de alertas informativas
diarias con información sobre as actividades e proxectos postos en
marcha desde as diferentes concellerías, contidos de carácter
institucional, contidos de alcaldía, urbanismo, economía,
seguridade cidadá, benestar social ou igualdade, entre outros, así
como información sobre a programación cultural ou deportiva.