As Salas de Messenger poderán retransmitirse por Facebook Live
xoves, 23 de xullo do 2020
Google e Facebook están a promover con moita forza cadansúa
plataforma de videoconferencia en grupo, o que no caso das Salas de Messenger
tradúcese nunha novidade moi importante: a posibilidade de transmitir
as xuntanzas a través de Facebook Live.
Deste xeito será doado xuntar até 50 persoas para realizar directos de vídeo que
poidan seguirse masivamente, ou sexa, que a xuntanza en vídeo non estará
limitada aos seus participantes, senón que abrirase ao público en xeral, dando
lugar a un novo xeito de creación de contido en liña.
A posibilidade de iniciar directos de Facebook Live a través das Salas de
Messenger está a espallarse internacionalmente, nun proceso que pode levar
meses.