As alertas de Google xa se poden recibir por RSS
luns, 3 de novembro do 2008
Google leva
bastante tempo ofrecendo un servizo
de alertas de xeito que os usuarios poden definir palabras chave
que, no caso de ter novas incidencias de busca (en novas, webs, blogs ou vÃdeos
publicados na Internet) xerarÃan un aviso que se poderÃa recibir por correo
electrónico e que agora tamén
se pode converter nun fluxo RSS.
As alertas configuradas ata o momento poden modificarse para converterse en
RSS, de xeito que en vez de seguilas por e-mail se poden controlar a través do
noso lector de feeds favorito, o que
nos permite estar máis ao tanto dos temas que son do noso interese sen que iso
asolague a nosa conta de correo electrónico.

