As comarcas de Pontevedra apostan pola Rede para mostrar os seus reclamos
martes, 20 de agosto do 2019
A
actividade turístico-promocional da nosa terra non descansa este mes
de agosto, ao contrario. Nesta liña sitúase a web
de Turismo de Rías Baixas, que está a mostrar perante mundo
unha ducia de rutas turísticas de potencial interese para os
visitantes da provincia. O
labor informativo faise a través da iniciativa Fame de
Experiencias da Deputación, buscando poñer o foco nas
singularidades das distintas comarcas.
“Os
itinerarios preséntase web dun xeito organizado e cómodo para que
poidan preparar de forma máis sinxela as súas viaxes”, informa a
Deputación, engadindo que os roteiros fan un completo repaso destes
destinos únicos, salientando a oferta de museos e gastronomía.
Así,
conteñen información sobre museos, centros de interpretación,
xacementos arqueolóxicos, elementos patrimoniais, amais dos lugares
de interese paisaxístico, produtos e eventos gastronómicos e
establecementos de restauración e aloxamentos de cada un dos
destinos. Vigo figura en tres destas rutas, Pontevedra en dúas, ao
igual que Deza e Baixo Miño, e as zonas do Morrazo, Caldas, O
Salnés, Tabeirós-Terra de Montes e O Condado nunha.
Os
itinerarios son Viño e Lamprea (comarca de Paradanta), Terra
de Fronteiras, Auga e Historia (O Condado), O sagrado na natureza
e o control da paisaxe (O Baixo Miño), Puro Atlántico
(Baixo Miño e Vigo), Arte e cidade (Vigo), Un mar de
historias (Vigo), Entre o mar e a terra (O Morrazo), Un
tesouro artístico (Pontevedra), Do mar e do viño
(O Salnés), Entre ríos e mananciais (Caldas), O campo, un
mundo de riquezas (Tabeirós-Terra de Montes e Pontevedra) e
Terras do Interior (Deza).
Aa
rutas (ás que se pode acceder desde a pestana Descubre da web
Turismo Rías Baixas), divulgaranse tamén a través de folletos que
se porán a disposición dos visitantes e que recollen a información
dun xeito máis esquematizado.