As compras en liña crecen un 29% e supoñen o 18% do total

venres, 4 de decembro do 2020 Redacción

As compras online medraron nun 29% na nosa terra e supoñen xa, a estas alturas, o 18% por total. Ademais, as adquisicións en liña en produtos e servizos multimedia superaron en novembro ás realizadas en establecementos físicos. Son algúns dos datos máis destacados da oitava entrega do informe sobre a actividade comercial en Galicia, referido ao período que vai do 2 ao 29 do mes pasado.
A investigación, feita polo Observatorio Abanca by IESIDE, pon de manifesto o “importante medre experimentado polo comercio online” ao tempo que mostra un descenso interanual do 9% (8% incluíndo as compras online) no gasto dos clientes da entidade no comercio galego.
En comparación co momento anterior ao comezo da crise da COVID-19, o Observatorio evidencia unha redución do 11%, aínda que se observa unha suba na última semana de novembro “debido ao efecto dinamizador do Black Friday”.

PUBLICIDADE