As dificultades de uso de OpenID levan a Weblogs SL a cambiar o sistema de rexistro de usuarios

martes, 2 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Hai máis de 2 anos a rede de blogs de Weblogs SL incorporou coma método de rexistro a tecnoloxía OpenID, coa que pretendían reducir o spam, evitar aos trolls e a suplantación de identidade e dar lugar a funcionalidades adicionais, e tras este tempo recoñecen que a iniciativa foi un fracaso pois, aínda que moitos grandes servizos adoptasen OpenID, o sistema é demasiado complexo para o usuario medio, o que provocou que nos blogs menos tecnolóxicos caese estrepitosamente a participación dos lectores.
Como o número de usuarios que están actualmente rexistrados nos blogs da compañía, volver a pedir que volvesen a rexistrarse non parece razoable, polo que decidiron optar por unha nova solución mixta que permite o rexistro baseado en enderezos de correo electrónico e que permite a unificación de varias contas OpenID, de xeito que os usuarios vellos poden seguir a comentar nos blogs sen problema, mentres que os usuarios novos terán unha plataforma máis doada de usar.