As discográficas quere resucitar os CD cos ringles
xoves, 8 de novembro do 2007

- Referencia paródica ós ringles extraÃda do blog The Boy Genius Report
A industria discográfica está desesperada na busca
de novas formas de explotar os soportes fÃsicos de comercialización musical, e
o intento que vai facer de cara á campaña de Nadal vai ser o
lanzamento do ringle, que serÃa
un disco sinxelo (single) que incluirÃa
3 cancións xunto a un fragmento musical que poderÃa utilizarse coma ton de
chamada no móbil (ringtone).
Esta idea vén de Sony BMG, pero parece que vai ser a Universal a primeira
discográfica en colocar ringles no
mercado, pois parece que xa teñen entre 10 e 20 tÃtulos preparados para un
inminente lanzamento.
A RIAA (patronal desta industria en EE.UU.) aprobou o termo ringle, e grandes vendedores coma
Wal-Mart, Target, Best Buy e Amazon apoiarán o novo formato, pero parece difÃcil
que a xente volva a mercar este tipo de produtos cando a meirande parte dos
reprodutores musicais están baseados en memorias Flash ou discos duros.
