As grandes plataformas de vÃdeo en liña poñen atrancos aos contidos en galego
venres, 23 de xaneiro do 2026

- AÃnda que nas plataformas audiovisuais atopamos unha boa selección de contido dobrado ao galego, sorprende que obras gravadas en galego non poidan consumirse na nosa lingua
O Consello do Audiovisual de Cataluña (CAC) publicou o mes pasado un informe sobre a presenza do catalán nas principais plataformas de vÃdeo baixo demanda, no que tamén recollen os datos do éuscaro e do galego, reflectindo unha situación preocupante no caso da nosa lingua.
A presenza do galego nas plataformas de streaming é realmente reducida, chegando a ser nula no caso de Disney+, mentres que Netflix e HBO Max contarÃan con 4 tÃtulos cada plataforma, Prime Video terÃa 5 tÃtulos, e a única plataforma cunha presenza galega minimamente aceptable serÃa Filmin, con 57 tÃtulos.
Pero o máis preocupante da presenza de obras filmadas en galego é que en moitos casos a versión orixinal na nosa lingua non estarÃa presente, como é o caso de Netflix, que actualmente carece da versión orixinal das obras gravadas en galego segundo os datos do informe do CAC, que tamén destaca que en HBO Max a proporción de obras co galego como versión orixinal dispoñible serÃa do 75 % (aÃnda que cómpre salientar que neste caso a meirande parte destas obras serÃan bilingües, non estritamente en galego), en Prime Video só o 20 % das obras conservarÃan a súa pista en galego, e Filmin si respectarÃa a nosa lingua, presente no 87,7 % das producións gravadas en galego.
Temos aquà uns datos preocupantes, pois non só o galego ten pouca presenza nas plataformas de consumo de vÃdeo dominantes, senón que nin sequera se facilita o consumo en galego de producións creadas orixinalmente en galego.

- En Pipocas podemos consultar as producións filmadas en galego e sorprende ver que case ningunha está presente nas grandes plataformas audivisuais en liña
