«As matemáticas son moi transversais» – Peregrina Quintela (ITMATI)
venres, 18 de outubro do 2019
O Instituto Tecnolóxico de Matemática
Industrial (ITMATI), creado en 2013, supuxo un importante fito de agregación de
recursos entre as tres universidades galegas para promover a transferencia de
tecnoloxÃa matemática e dar respostas eficaces e áxiles ás demandas das
empresas, as industrias e as administracións públicas. Os dÃas 22, 23 e 24 de
xullo celebrou a 1ª Conferencia sobre Transferencia entre Matemáticas e
Industria (CTMI 2019) na Facultade de Matemáticas da Universidade de
Santiago, en colaboración coa Red Española Matemática-Industria (math-in).
Durante este evento internacional déronse a coñecer avances significativos no
eido da Matemática Industrial e co gallo da súa celebración falamos coa
directora do ITMATI, Peregrina Quintela Estévez, licenciada en Matemáticas pola
Universidade de Santiago de Compostela e doutora pola Universidade Autónoma de
Madrid e pola Universidade da Sorbona. É catedrática de Matemática Aplicada da
USC. Ao longo da súa traxectoria ten traballado de xeito incesante no
achegamento das universidades á industria, tanto dende o ámbito investigador
como a través da posta en marcha de infraestruturas aglutinadoras que facilitan
a transferencia do coñecemento matemático. Nesta liña, liderou a creación da Red
Española Matemática-Industria, da que é presidenta dende a súa fundación; a
posta en marcha do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial, que dirixe
dende a súa creación; e tamén ten participado na fundación do European Service
Network of Mathematics for Industry and Innovation.
– Que
representa o feito de que Galicia sexa a sede dun encontro dos mellores
expertos internacionais no campo da Matemática Industrial?
– É
una consecuencia natural do recoñecemento da Matemática Industrial galega. Cómpre
ter en conta que o CTMI 2019 é a primeira edición dun congreso nacional centrado
en promover a transferencia de tecnoloxÃa e ser un foro español de encontro
bianual do mundo académico co sector industrial e empresarial, un concepto de
congreso totalmente innovador. É unha iniciativa da Rede Española Matemática-Industria,
na que tamén colabora a rede europea EU-MATHS-IN, que nesta primeira edición
confiou na experiencia do ITMATI para axustar o seu deseño coa idea de garantir
o éxito nos obxectivos marcados. Neste senso contar cunha representación moi
significativa de expertos internacionais no campo da Matemática Industrial, e
tamén de grandes usuarios desta metodoloxÃa do mundo empresarial, é todo un
éxito e un orgullo para a Matemática Industrial galega.
– Cales
son algúns dos avances más innovadores das Matemáticas para resolver problemas
da industria e da sociedade que se presentarán neste foro?
– As
Matemáticas son moi transversais e teñen aplicación en practicamente todos os
campos da vida. O que se vai poder percibir neste CTMI 2019 é soamente un
escaparate da multitude de aplicacións da Matemática Industrial. Con esta idea
presentaremos resultados xa acadados en diversos sectores como automoción,
biomedicina, enerxÃa e medio ambiente, loxÃstica, Big Data e Intelixencia Artificial.
Amosaranse aplicacións tan diversas como o amortiguamento dos sistemas de freado
para evitar que rechÃen; o deseño da fabricación centralizada e distribuÃda de
biomasa; a planificación, realización e control eficientes do fluxo de
pacientes, materiais e información no sector sanitario; ou a obtención en tempo
real de estimacións fiables das posicións, velocidades ou aceleracións de
vehÃculos como trens, coches ou mesmo avións non tripulados.
– Que
serÃa preciso potenciar para favorecer un maior achegamento do mundo académico
e empresarial no caso das Matemáticas?
– Estou
convencida de que para mellorar este achegamento é preciso incorporar ao
sistema a un novo tipo de profesionais, os tradutores tecnolóxicos, que deberÃan
ser a bisagra de encontro entre o mundo académico e industrial, e facilitar a
consolidación destes profesionais en estruturas como ITMATI, math-in ou
EU-MATHS-IN. Pensar que isto é posible soamente usando financiamento privado é
un erro maiúsculo; o financiamento público debe incrementarse neste contorno non
tan clásico pero que é importante para o desenvolvemento dunha nova economÃa no
paÃs baseada na tecnoloxÃa.
– Considera
que é preciso renovar os plans de estudo actuais no relativo ás Matemáticas?
– Matemáticas
é unha das carreiras con máis demanda debido a unha taxa de paro practicamente
nula, e isto nun momento no que a incorporación como profesionais na ensinanza
é moi baixa. Pódese ver como a revolución dixital, que se está a levar un cabo
na industria e nas institucións, está baseada en incluÃr tamén aos matemáticos
como peza clave. Esta situación é o resultado de moito traballo ao longo dos
anos; de xeito que a transferencia de coñecemento matemático, a posta en marcha
de foros de interacción matemática industria, os grupos de estudo coa
industria, os traballos de fin de máster en colaboración coas empresas, e mesmo
os doutorados industriais, son un bo caldo de cultivo para unha renovación
constante da ensinanza neste eido das Matemáticas, cuns programas nos que cada
vez máis as aplicacións marcan os camiños da aprendizaxe. De novo o
recoñecemento desta inxente labor na carreira cientÃfica do profesorado debe
mellorar, xa que é unha estratexia clave para que a Academia e a Industria
acaden un clima de confianza e interacción continuada.
– En
que medida Galicia é un referente en Matemática Industrial?
– Galicia
leva traballando nesta liña de xeito continuado dende principios dos anos 80 do
século pasado. Foi unha visión extraordinaria do profesor Bermúdez de Castro,
que naqueles momentos era totalmente innovadora sobre a capacidade das
Matemáticas para resolver problemas reais e axudar ás empresas, industrias e
institucións a avanzar de forma máis rápida e segura. Tamén axudou a gran
capacidade de colaboración dos matemáticos galegos das tres universidades, que
traballaron ao unÃsono para por en marcha titulacións oficiais conxuntas tanto
no ámbito da simulación numérica como nos da EstatÃstica e Big Data e da
Optimización.
– Que
din as cifras?
– Recentemente
fÃxose unha análise da evolución da transferencia en España no perÃodo
2008-2018, no que se amosou que Galicia aporta un 13% dos grupos de
investigación españois que manifestaron facer transferencia matemática, e os
recursos captados por contratos directos coa industria representan non obstante
un 63% do conxunto nacional, sendo o 90% deles acadados na actualidade a través
de ITMATI. Isto quere dicir que a confianza dos clientes na resposta do centro
e dos seus investigadores é moi boa, e esperamos seguir asà no futuro. Ademais,
nos últimos observamos como noutros paÃses están a tomar nota da nosa fórmula.