As series de Hitman e Tekken protagonizan os Xogos con Gold de setembro
xoves, 29 de agosto do 2019
A
selección de Xogos con Gold que recibirán os subscritores de pagamento de Xbox
LIVE no mes de setembro é bastante interesante, xa que ten como xogo estrela á primeira
tempada completa de Hitman, ou sexa, a versión do xogo de acción de
IO Interactive que inclúe todas as localizacións da primeira tempada e os episodios
Prólogo, ParÃs, Sapienza, Marrakech, Bangkok, Colorado e Hokkaido, asà como todos
os episodios, desafÃos, oportunidades, contratos de intensificación, contratos
destacados e acceso a futuras actualizacións con novos obxectivos escorregadizos.
Unha vez máis encarnaremos ao Axente 47
acabando con obxectivos nunha historia de espÃas na que os asasinatos son a
tónica de cada dÃa.
O outro xogo para Xbox One que chegarÃa en setembro serÃa We Were Here,
un tÃtulo independente no que haberá que unir forzas en liña con outra persoa
para colaborar na fuxida dun castelo abandonado coa única axuda dun walkie-talkie.
A cooperación será a chave para superar os distintos desafÃos que xorden neste
tÃtulo.
Os tÃtulos de Xbox 360 retrocompatibles con Xbox One xa son vellos coñecidos,
como o Earth
Defense Force 2025, un shooter futurista de Sandlot Studios que
non resulta tan atractivo como Tekken
Tag Tournament 2, xogo de loita que completará o mes, e que conta cun
amplo cadro de loitadores con cadanseus movementos. AÃnda que Tekken Tag
Tournament 2 ten xa bastantes anos, continúa a ser todo un referente, xa que
contribuÃu á evolución dos xogos tag, nos que os loitadores poden combater
1 contra 1, pero sendo posible alternar o xogador de cada equipo e incluso
lanzar ataques conxuntos entre ambos personaxes.
