As televisións locais non cumpren co apagamento analóxico

xoves, 10 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

A Asociación para a Implantación e o Desenvolvemento da Televisión Dixital Terrestre, Impulsa TDT, difundía que TDT chega ó 23,4% dos fogares en novembro de 2007, pero iso non fai que acade unha cota de pantalla importante, pois só o 9,5% dos share correspondía a esta tecnoloxía en decembro de 2007 (segundo Sofres) en contraste co 72,3% de cota de pantalla que ten a televisión analóxica terrestre, o que podería explicar por qué aínda non se produciu o apagamento analóxico das canles de televisión local, previsto para 2008.
O Goberno insta ás televisión locais a que sexas as que dean o primeiro paso en deixar de emitir en analóxico, pero o certo é que o milleiro de emisoras locais non deixaron de operar o pasado 1 de xaneiro, e parece que demorarán tal operación ata o 3 de abril de 2010, cando o Ministerio de Industria datou o apagamento analóxico do resto de televisións.
As televisión locais teñen argumentos para non realizar o mencionado apagamento pois, entre outras causas, en moitas comunidades autónomas aínda non se outorgaron as pertinentes concesións para poder emitir en TDT. As canles tamén denuncian que o apagamento pretendería «borrar do mapa» ás televisións de menor alcance.